CRTVG

Buscar

Foxe da Garda Civil durante 114 quilómetros pola A-52

Publicado o 30/09/2019 14:10

Un home de nacionalidade portuguesa protagonizou esta pasada noite unha espectacular fuxida. Pasou de longo dun control da Garda Civil a gran velocidade. Aconteceu na autovía das Rías Baixas, ao seu paso pola comarca de Monterrei.

O home acabou batendo contra a varanda da autovía e contra unha patrulla de tráfico. A Garda Civil logrou detelo despois de 114 quilómetros de fuxida. Circulaba co permiso retirado e baixo os efectos das drogas. Esta mañá pasou a disposición xudicial en Verín.

Noticias web

30/09/2019