CRTVG

Buscar

Fotoxornalismo sobre a pandemia no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Publicado o 05/08/2020 21:44

Fotoxornalismo dun e doutro lado da cortina. No quirófano. No estanco. Na vida libre que deixa o baleiro.

Fotoxornalismo na cámara do compañeiro que tamén busca. Anacos de realidade recollidos durante a pandemia. Fotografías feitas por once profesionais que expón o Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Máis fotoxornalismo desde o respecto e desde o balcón. Incluso na soidade da despedida. No medio da viaxe e da incerteza.

De súpeto, no medio de todos. Dun Castelao atónito e de rúas e máis rúas baleiras.

O que sucedeu en imaxes. O revelado dunha pandemia que xa lle cede espazo ao fotoxornalismo da nova normalidade.

Noticias web

05/08/2020