CRTVG

Buscar

Fotos onde había produtos frescos para disimular o desabastecemento nos supermercados británicos

Publicado o 25/10/2021 17:14

Non queren que os que vaian comprar teñan unha experiencia desagradable entre estantes baleiros, así que algúns supermercados están poñendo cartóns con fotos de produtos nos andeis baleiros.

Algúns dos clientes colgaron as fotos en Internet con "fotos de fotos" de espárragos ou outras verduras frescas que simulan estar no estante pero que en realidade non están. Outros establecementos colocan produtos non perecedoiros ou mesmo chocolate nos andeis onde antes había produtos frescos co mesmo obxectivo de camuflar a súa falta.

Boris Johnson admitiu na BBC que o desabastecemento pode alongarse no tempo, mesmo ata o Nadal.

Noticias web

25/10/2021