CRTVG

Buscar

Forzan a porta e rouban nun comercio de Castro de Rei

Publicado o 24/07/2020 14:27
Forzan a porta e rouban nun comercio de Castro de Rei

Tres persoas asaltaron unha tenda de produtos agrícolas e veterinarios en Castro de Rei. As cámaras de seguridade do negocio gravaron os intrusos, que se ocultaban con máscaras e viseiras. O roubo foi de madrugada e para entrar forzaron a porta do local e romperon un cristal da fachada. Os ladróns levaron os cartos que había na caixa rexistradora e tamén o que estaba gardado nun moble da oficina. Os feitos foron denunciados ante a Garda Civil, que xa analiza as gravacións de seguridade para tentar identificar os ladróns.

Noticias web

24/07/2020