CRTVG

Buscar

Formoso e Caballero lánzanse á campaña para liderar o PSdeG

Publicado o 30/09/2021 15:05

Valentín González Formoso presentará a súa candidatura nas Pontes, o concello do que é alcalde, que o viu nacer e medrar como político. O actual presidente da Deputación da Coruña e secretario provincial do partido, dá este paso á fronte co visto e prace dos alcaldes de Santiago, A Coruña e Lugo.

O que segue evitando pronunciarse sobre o proceso e os aspirantes é o alcalde de Vigo.

"Sigo as primarias, como é natural, pero non estou nesta dialéctica, nin no ámbito político de actuación de Galicia", di Abel Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que nas últimas horas pedía confianza a militancia e poñía como exemplo a Emilio Pérez Touriño, que acadou na segunda volta a presidencia da Xunta, hoxe non se pronunciaba en clave interna e continuaba coa súa axenda reivindicando o papel das alcaldías socialistas.

"As mellores alcaldías de Galicia son as que teñen alcaldes e alcaldesas socialistas como en Caldas e aquí hoxe queremos pedirlle a Xunta que se comprometa coa sanidade e coa educación", manifestou Gonzalo Caballero.

Esta tarde, ao tempo que González Formoso presenta a súa candidatura, Gonzalo Caballero, xa en campaña, participará nunha reunión coa militancia da Coruña.

Noticias web

30/09/2021