Formoso di que Ferraz ve con bos ollos que haxa dúas candidaturas as primarias do PSdeG
Horas despois de dar o paso á fronte para liderar o socialismo galego, Valentín González Formoso explicaba aquí, na Televisión de Galicia, que tomou a decisión ante os malos resultados do PSdeG nas eleccións autonómicas. Dixo que a dirección do partido en Madrid é consciente deses resultados e que ve con bos ollos que haxa dúas candidaturas.
"Ferraz é consciente de que en Galicia tivemos moi malos resultados, polo tanto é a súa responsabilidade federal que os territorios teñan a mellor representación e capacidade de reacción política ante unha situación adversa coma esta, polo tanto estarán satisfeitos de que haxa dúas candidaturas", Valentín González Formos, candidato á Secretaría xeral do PSdeG.
Formoso arranca a campaña cos parabéns de catro alcaldes das cidades, o último en posicionarse, o de Ferrol que o acompañaba na presentación da candidatura. Sen entrar a valorar os candidatos, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, di que haxa varias alternativas enriquece o partido. "Paréceme ben que haxa dous compañeiros que queiran dirixir o partido, isto é unha riqueza", José Tomé, Presidente da Deputación de Lugo.
Os dous candidatos intensifican a súa axenda, estar tarde terán varios encontros coa militancia para explicarlles os seus proxectos.