CRTVG

Buscar

Forestal do Atlántico traballa na creación dun combustible sintético libre de emisións de CO2

Publicado o 30/04/2021 21:14

Forestal do Atlántico anunciou o seu último proxecto, a creación dun combustible sintético libre de emisións de C02. A empresa galega pertencente ao sector químico e enerxético, súmase deste xeito ao proceso da descarbonización cunha iniciativa innovadora que ten como obxectivo eliminar as emisións de gases á atmosfera.

Andrés Fuentes Martín Corral, director xeral de Forestal do Atlántico, asegura que "a singularidade do noso é que as materias primas e a forma de fabricar, de sintetizar quimicamente ese produto, utilizando enerxía cen por cento renovable e capturando CO2, por conseguinte, estamos deixando de emitir á atmosfera, por iso os nosos combustibles teñen cero emisións netas".

A compañía situada en Mugardos, asegura que estes combustibles xa existen no mercado, pero o que se produza na ría de Ferrol se distinguirá pola súa marca ecolóxica. Prevén que nun prazo de dous ou tres anos estean operando as novas instalacións onde se sintetizará este produto.