CRTVG

Buscar

Ford deixa de fabricar os motores en España

Publicado o 31/10/2019 21:00

Os novos motores de Ford deixarán de fabricarse na planta valenciana de Almussafes. A compañía anunciou que a partir do ano que vén traslada a súa produción a Norteamérica, o que pon en risco o futuro da planta española. Os sindicatos aseguran que se non se busca unha alternativa, a factoría deixará de ser viable en 2024. Ford xustifica a súa decisión en que o 90 por cento dos motores que se fabrican en Valencia expórtanse a Norteamérica, e que facelos alí suporá un aforro en transporte e en aranceis.

Noticias web

31/10/2019