CRTVG

Buscar

Ford anuncia un ERE na súa planta de Valencia

Publicado o 15/03/2021 21:29

Ford anuncia un Expediente de Regulación de Emprego na planta de Almussafes, en Valencia, que afectará 630 traballadores, case o 10% do cadro de persoal.  

A dirección da compañía xustifica o ERE pola caída da demanda europea dos vehículos fabricados nesta planta, unha demanda que non prevén recuperar. O comité de empresa pide un receso de 15 días para estudar a situación antes de comezar a negociar os despedimentos. 
 

Noticias web

15/03/2021