CRTVG

Buscar

Forcarei vibra coa Challenge Moto Race

Publicado o 07/05/2019 17:32

E para rematar, roxen os motores neste informativo e por partida dobre. Este é o podio do Circuíto da Madalena, en Soutelo de Montes, en Forcarei. Alí disputouse outra proba da Challengue Moto Race, con noventa participantes durante toda a fin de semana. Pilotos novos e menos novos. Promesas deste deporte. Rapaces que apenas logran o equilibrio enriba das máquinas, con cinco ou seis anos.
A sua paixón fai o resto.

Pilotos galegos, de Castela e León, de Asturias, do Bierzo, País Vasco e Portugal. Moitos deles competirán no Campionato de España de supermoto que se vai celebrar aí en Soutelo de Montes o un e dous de xuño.

Destacamos que o aresán Juacho Torres dominou en supermoto; Marcos Vaqueiro, en Sport maxi; o caldense Marco Díaz, en Minimotard 85, e en minimotos 4.2, o moañés Eduardo Torres.

Noticias web

07/05/2019