Fontán: "Xogar sempre é unha oportunidade, a ver que decide o míster"
José Fontán apunta a titular formando a parella de centrais con Aidoo. O Vilagarcián, de 21 anos, xa ten experiencia en partidos grandes. Debutou con Óscar García ante o Barcelona e tamén se enfrontou ao Atlético de Madrid.
Fontán: "Xogar sempre é unha oportunidade. A ver que decide o míster".
Fontán volvería á súa posición natural de central esquerdo. Cando lle tocou entrar no primero equipo fíxoo no lateral ou como terceiro central. Con Aidoo xogou o esquecible partido de copa co Eivisa.
Fontan: "Enténdome ben con Aidoo. El xa fala bastante español e eu falo inglés".
O que non lle cabe na cabeza a Fontán son os incidentes como o desta xornada en Cádiz.
Fontán: "Nestes tempos é incoherente. Había que erradicar o racismo do fútbol e de todas partes".
Fontán volveu xogar uns minutos contra o Alavés. Considera que está a progresar na dinámica do primeiro equipo.
Fontán: "Estou a mellorar moito na concentración, que é moi importante en Primeira, xa que non te podes despistar nin un segundo".
A oportunidade de Fontán é a oportunidade do Celta de volver sacar un central da canteira.