CRTVG

Buscar

Fontán: "Sempre soñas con ser parte do primeiro equipo. Fun recollepelotas e agora isto"

Publicado o 28/07/2021 15:37

O Celta asegura un central da canteira para o futuro. José Fontán amplía contrato ata o 2025. O arousán ve cumprido o soño que sempre tivo desde neno.

"Cando chegas ao club con 10-12 anos en alevíns sempre soñas con este momento, con poder chegar a ser parte do primeiro equipo. Non podo estar máis contento, para min que ía de recollepelotas a Balaídos agora estar aquí é incríbel", comentou o futbolista.

O canteirán tivo un final de temporada complicado por mor da Covid-19. Agarda este ano non sufrir lesións de ningún tipo. Ademais, o ano pasado tiña ficha do filial pero tivo moita participación con Coudet pero tamén con Óscar García. Agora xa conta oficialmente como xogador do primeiro equipo con ficha federativa.

Noticias web

28/07/2021