CRTVG

Buscar

Fomento negocia con Audasa que a viaxe de volta da AP-9 sexa gratis desde o verán

Publicado o 15/03/2021 08:47

• Prevese un desconto do 100 % para as viaxes de volta a todos os vehículos lixeiros

• A peaxe en Redondela sería, ademais, de balde

Poderían concretarse novidades sobe as peaxes da AP-9 nas próximas semanas. Chegarán as rebaixas e empézanse a concretar os detalles: viaxes de volta gratis e descontos para os usuarios habituais. Fomento aínda está negociando con Audasa para amplialas 27 anos, ata que remate a concesión. 

Prevese un desconto do 100 % para as viaxes de volta a todos os vehículos lixeiros, todos os días da semana e desde a primeira viaxe. E un desconto adicional para os que máis empreguen a autoestrada e para os vehículos pesados. A peaxe en Redondela sería, ademais, de balde.

O Gobenro conta na actualidade cunha partida presupostaria de 55 millóns de euros para compensar a Audasa polos descontos, pero na actualidade estanse realizando estudos de tráfico da AP-9 para analizar como se comportará cando entren en vigor as rebaixas, en especial nas zonas en que a autoestrada está máis saturada.

Para beneficiarse deses descontos, os condutores deberán levar instalado o dispositivo de telepeaxe no seu automóbil.

De momento, a transferencia terá que esperar. O BNG volveu pedir na rúa a eliminación das peaxes na autoestrada máis cara de España e a transferencia xa. Está aprobada no Parlamento, pero queda un longo proceso parlamentario. 

Noticias web

15/03/2021