CRTVG

Buscar

Fomento inviste 601 millóns e asegura que os prazos do AVE quedan garantidos

Publicado o 14/01/2019 21:53

O ministro de Fomento asegura que os orzamentos aseguran o cumprimento dos prazos para finalización das obras do AVE a Galicia. Segundo José Luis Ábalos, a rede ferroviaria de proximidade e a convencional xunto á vivenda son as grandes apostas do seu departamento para o exercicio 2019. O ministro di que o remate das obras do AVE a Galicia está garantido e xustifica o descenso do investimento en Galicia, que será de 601 millóns de euros, asegurando que as grandes inxeccións orzamentarias para o AVE xa están realizadas.

Noticias web

14/01/2019