CRTVG

Buscar

As viaxes de volta na AP-9 serán de balde antes do verán

Publicado o 15/03/2021 17:00

Os usuarios da AP-9 levan anos denunciando que as peaxes da AP-9 son abusivas, e de feito é a autoestrada máis cara de toda España. A ansiada rebaixa nos prezos vai deixar de ser un soño. O Ministerio de Transportes bonificará o cen por cento das viaxes de volta.

A Xunta e o Ministerio chegaron a un acordo a semana pasada que inclúe, ademais das viaxes de volta de balde, unha rebaixa do 60 por cento para os vehículos pesados. O Goberno galego queda satisfeito.

Ministerio e Xunta quedaron en volver reunirse a principios de abril para perfilar conxuntamente as bonificacións, que xa foran aprobadas anteriormente no Consello da Xunta do pasado 18 de febreiro. O compromiso adquirido indica que comezarán a aplicarse antes do verán.
 

Noticias web

15/03/2021