CRTVG

Buscar

A supresión da peaxe de Redondela, condicionada a un estudo de tráfico e obras

Publicado o 15/03/2019 20:28

O que non ten un horizonte próximo é a supresión da peaxe da AP-9 en Rande, tal e como reclaman as asociacións de veciños de Teis e Chapela. Fometo condiciona esta supresión a un "estudo global" sobre os tráficos e as obras que serían necesarias.

É a resposta que remitiu a Secretaría Xeral de Infraestruturas e Medio Ambiente ás reclamacións dos veciños. A supresión da peaxe Rande-Redondela, di Fomento, estudaríase despois de falar con AUDASA, concesionaria da autoestrada, e de coñecer os custos das outras demandas, como son a conversión en vía urbana da autoestrada dende Torres Padín ata o centro da cidade e a adopción de medidas contra a contaminación acústica.

Os veciños critican a falta de concreción e de vontade política, e chaman á mobilización social. Na carta de Fomento explícase que, sen eses estudos, non haberá solución definitiva.

Noticias web

15/03/2019