CRTVG

Buscar

"Foi duro, pero a cousa vai mellor, e iso é o importante"

Publicado o 12/10/2021 15:50

Foron 19 meses de emerxencia sanitaria. Ese 13 de marzo de 2020 os galegos non podíamos imaxinar as dimensiós dunha pandemia global. A covid enfrontounos a un confinamento e os a abrazos e os bicos deron paso á distancia e á mascara. Dende a súa declaración pasaron varias ondas da pandemia e moita incerteza. Agora empézase a ver a luz.

Na saída axudou a vacinación. Nieves, a primeira persoa en facelo en Galicia, é xa o símbolo da esperanza.

Hai ganas de saír, de viaxar, de abrazar. De facer todo como o facíamos antes da covid. Pero debemos ir aos poucos. A máscara aínda nos acompañará na nosa vida cotiá. 

E aplicando o sentidiño moitos tardarán en separase da máscara. Decaerá o estado de emerxencia, pero hai normas que perdurarán en Galicia a partir da próxima semana.

Noticias web

12/10/2021