CRTVG

Buscar

"Foguete" Suárez e Pepe López, en 2 segundos no Rally de Ourense

Publicado o 25/07/2020 14:12

Dous segundos e dúas décimas. É a escasa marxe que separa ao líder, o asturiano Foguete Suárez, do madrileño Pepe López, último gañador do Campionato de España. Suárez marcou o mellor tempo nos tres primeiros treitos e López recurtou diferenzas no cuarto.

Agardando un erro atópase o cambrés Iván Ares que en ningún intre se puido achegar aos rexistros dos seus grandes rivais. Remata a xornada da mañá a 23 segundos de Suárez, co podio asegurado pero coa sensación de que mellorar un posto é case imposible.

A pelexa pola quinta posición tamén é galega e chega de alternativas. Hai dous segundos e catro treitos por diante para resolver a disputa entre Iago Caamaño e Javier Pardo. O que non poderá competir na xornada da tarde é o coche dos irmáns Vallejo, que tivo que abandonar na cuarta pasada cando loitaba pola décima posición.

Noticias web

25/07/2020