CRTVG

Buscar

Florentino Perez di que están arruinados e que a Superliga é a salvación de todo o fútbol

Publicado o 20/04/2021 13:59

Xa ten o seu aquel que Florentino Pérez escollese un sitio chamado o Chiringuito para dar explicacións sobre a nova Superliga. O presidente do Madrid deu a cara no medio da treboada desatada polo anuncio e foi claro.

O tamén presidente dos clubs fundadores da Superliga lanzou dardos envelenados contra a actual Champions e o novo formato previsto para 2024.

Florentino Pérez cualifica de dramática a situación económica dos clubs e di que á pandemia do coronavirus fixo inevitable actuar.

Asumido que os cartos son a principal razón para este movemento telúrico no fútbol europeo, tamén por eles se xustifica o sistema de competición pechado e exclusivo que tanta critica desata.

Florentino Pérez chama a UEFA a negociar, cualifica o organismo de monopolio e tranquiliza os seguidores brancos: ninguén vai botar o Madrid da Champions.

Noticias web

20/04/2021