CRTVG

Buscar

Florentino Perez di que a Superliga non morreu e ofrece outro sistema

Publicado o 22/04/2021 12:25

Florentino Pérez asegurou que o proxecto da Superliga queda en 'stand- by', que a Juventus e o AC Milan "non se foron" e o Barcelona está "a reflexionar". O presidente lamentou a agresividade que provocou o anuncio da nova competición.

"Nunca vin unha agresividade máis grande do presidente da UEFA e algúns presidentes das ligas, de forma orquestrada. Sorprendeunos a todos. Tras dar a noticia pedimos ver o presidente e nin nos contestou. Nunca vin esa agresividade, ameazas, insultos... coma se matásemos o fútbol. Traballamos en axudar a salvar o fútbol".

Pese ao anunciado abandono dos clubs ingleses e os pasos seguidos polo Atlético de Madrid ou polo Inter de Milán, para Florentino Pérez a situación é a mesma que hai uns días.

"Non pagou ningún a penalización. No barco están case todos, de momento, os doce, porque non se foron aínda".

 

Noticias web

22/04/2021