CRTVG

Buscar

Fitur celebra este venres o día dedicado a Galicia

Publicado o 24/01/2020 10:22

Galicia foi a comunidade en que máis medrou o turismo durante o ano 2019. Ese dato coñeceuse en plena celebración da feira internacional de Turismo, Fitur, onde este venres se celebra o Día de Galicia.

O obxectivo para o 2021, afirmou Alberto Núñez Feijóo, de visita nesta feira, é facer del o inicio da era xacobea, de 5.000 días de camiños, de festivais, de hospitalidade e de concordia.

"Xacobeo é marca Galicia, marca España e marca Europa. E, en tempos en que España e Europa necesitan máis que nunca os valores do Camiño, anímovos a apostar por un recurso que une a todos: o Xacobeo", asegura.

Tanto une, di Feijóo, que o ano pasado 350.000 peregrinos de 180 nacionalidades chegaron a Compostela. E dos datos do sector destaca que o 99,4% dos turistas que nos visitan repetiría, dixo o presidente.

 "Sabemos que, se veñen moitísimos millóns de persoas, non podemos ofrecer calidade; e entre cantidade e calidade, eliximos calidade".

Engadiu que os ingresos do sector pasaron nunha década de 239 millóns a 314 millóns.

 

 

Noticias web

24/01/2020