Os fiscais piden máis radares para o tráfico e máis defensa das vítimas
Publicado o 22/11/2019 08:50
Compromiso dos fiscais coa seguridade viaria, para o que reclaman máis controis e máis radares. Tamén dentro das cidades. Calculan que a velocidade está detrás dun de cada tres accidentes, e consideran que é a maneira de conseguir que os condutores pisen o freo.
Tamén piden un recoñecemento para a as vítimas. Comprométense a defendelas, a que sexan escoitadas nas administracións, para que cobren as indemnizacións merecidas.