CRTVG

Buscar

Cae bébedo dende un balcón, fere dúas persoas nunha terraza e di que quería voar

Publicado o 02/06/2021 22:02
Cae bébedo dende un balcón, fere dúas persoas nunha terraza e di que quería voar

Un home precipítase dende un balcón en Ourense e deixa feridas dúas persoas que estaban nunha cafetería. Foi esta tarde na céntrica rúa do Paseo. As terrazas estaban cheas, e o home caeu sobre unha mesa en que dúas persoas estaban tomando algo. Estas, tiveron que ser atendidas por causa das mancaduras que sufriron.

Segundo testemuñas dos feitos, o home axiña se levantou e comezou a berrar e cantar. Acabou sendo trasladado tamén a un centro médico. A Policía Nacional investiga os feitos.

Noticias web

02/06/2021