CRTVG

Buscar

Suárez Illana, número 2 do PP por Madrid ao Congreso

Publicado o 25/03/2019 16:56

Desvelouse esta mañá unha da principais incógnitas: o número dous do PP por Madrid será Suárez Illana. Confirmábao Pablo Casado nun almorzo informativo e dixo del que encarna os valores do patriotismo e da concordia. Temos que esperar ata esta tarde para coñecer as listas completas de Podemos e outra cita destacada o mércores, que será cando o PSOE presente o seu programa electoral, coas 100 medidas principais. E todo isto cun debate de fondo sobre os futuros pactos despois das declaracións do secretario de organización socialista e tamén ministro, José Luis Ábalos, que nas últimas horas aseguraba nunha entrevista que preferían pactar con Ciudadanos que cos independentistas.

Ciudadanos insiste: non van pactar co actual PSOE. Responden así ás declaracións de Ábalos dicindo que prefire un pacto con Ciudadanos que cos independentistas.

O PSOE engadía hoxe que son capaces de acordar con moitos partidos cunha liña vermella: o seu programa electoral.

O líder do PP presentou o seu número dous por Madrid: Suárez Illana, do que di que encarna o patriotismo e a concordia. Casado anunciou un plan de choque con reformas económicas nos primeiros días se chega ao goberno e defendeu a experiencia do PP para abordalas fronte a outros partidos.

 

Noticias web

25/03/2019