CRTVG

Buscar

O Lugo colle vida cunha remontada nos últimos cinco minutos

Publicado o 15/05/2021 20:34

16 partidos despois, o Lugo volveu gañar.

 

E fíxoo fronte ao Mirandés cando moi poucos o agardaban. Nos minutos 87 e 92, dous penaltis cometidos sobre Chris Ramos foron transaformados en gol por Manu Barreiro.

Así deixou en nada o gol do Mirandés de Pablo Martínez, nos últimos minutos do primeiro tempo.

O Lugo colócase provisionalmente a un só punto da permanencia.

Noticias web

15/05/2021