CRTVG

Buscar

Fina Martínez, case centenaria: estudou Comercio e valora a independencia e a amizade

Publicado o 23/06/2021 11:22

Ninguén diría que Fina vai facer 100 anos. Conserva perfectamente a memoria. O único problema físico teno na cadeira. Para ela o máis importante é a sinceridade, a amizade e a independencia.

Fina Martínez Tizón: "Eu son moi franca e gustaríame que a xente fose coma min, aberta; se tes unha amiga, que o sexa de verdade, como fomos a miña amiga Carmela e eu ata que ela morreu".

O ano pasado tivo a oportunidade de coñecer a María, outra coruñesa, voluntaria da Fundación Lo que de verdad importa. Xuntas elaboraron un libro sobre a vida de Fina: a forza dunha muller pioneira que con 12 anos entrou na Escola de Comercio.

Fina Martínez Tizón: "Os profesores apreciábanme moito, querían que seguise na Escola de Comercio porque me fixen perito mercantil, pero o título superior era o de Profesor Mercantil e non puiden facelo porque meu pai foi á guerra e non tiñamos diñeiro para a matrícula". 

María Barros, voluntaria: "As amizades son importantes, crear unha familia, ser de verdade, como di Fina, con valores arraigados, con honestidade, con sinceridade, poder relacionarse coa xente que está arredor desa maneira".

A Fina encantáballe o seu traballo nunha tenda do centro da Coruña, onde estivo catro décadas. O peor recordo, o illamento durante a pandemia. Conduciu ata os 97 anos, e agora o que bota de menos é ter máis mobilidade, por exemplo, para ir a nadar á piscina da Solana.

 

Noticias web

23/06/2021