CRTVG

Buscar

Fin de semana de Entroido en Galicia, cun domingo coas pantallas nas rúas de Xinzo

Publicado o 14/02/2020 21:53

O domingo é o primeiro en que as pantallas se deixan ver en Xinzo da Limia. Unha xornada en que os disfraces e as charangas nos somerxen xa na ambientación do Entroido, que tamén arrinca o sábado e o domingo na Baixa Limia. En Muíños saen os cabreiros e en Bande os troteiros. Ambas as dúas figuras percorren as aldeas para que a animación do Entroido chegue a todos os veciños. En Verín, a festa continúa a fin de semana co Domingo Corredoiro, cando os cigarróns acoden á saída da misa para recibiren os fregueses.

Todo empezou xa co folión retumbando nas rúas de Viana do Bolo. Baixo a grotesca mirada do Lardeiro, os compadres enfariñan as mulleres nunha tradición con cada vez máis seguidores.

En Verín, son os petardos os que advirten da chegada dos compadres. Ataviados cos seus chapeus e gabardinas, escoltan o maragato ata a praza Maior, onde será xulgado e queimado.

Noticias web

14/02/2020