CRTVG

Buscar

Fin de semana de comidas familiares no sector da restauración con motivo da celebración do Día da Nai

Publicado o 30/04/2021 23:02

Desde hai varias xornadas Rafael ten todas as mesas do seu restaurante reservadas para esta fin de semana.

Os que contan con terraza téñeno un pouco mellor porque a capacidade permitida aquí é maior e os comensais por mesa amplíanse de catro a seis. É o caso destoutro restaurante que malia que só admite reservas no día si prevé encher.

Como as xuntanzas familiares só poderán superar o número máximo de persoas en caso de seren conviventes os restauradores tratan de facilitarlles aos clientes fórmulas alternativas. Sempre cumprimindo cos protocolos de seguridade.

Boas expectativas en definitiva para unha fin de semana de celebracións familiares en que agardan que o tempo tamén acompañe.