CRTVG

Buscar

Fin de curso para os escolares de educación especial de Panxón a bordo dunha patrulleira

Publicado o 13/06/2019 13:31

Escolares do Centro de Educación Especial de Panxón, en Nigrán, pecharon o curso cunha visita moi especial.

No último trimestre centraron as súas actividades no mar, e por iso foi unha moi grata sorpresa para eles recibir a membros do Servizo Marítimo da Garda Civil. Os axentes levaron os mozos de travesía na súa patrulleira Río Guadalupe, tras ofrecerlles unha charla no centro. Déronlles consellos para manterse a salvo na praia ou a bordo de calquera embarcación.

A iniciativa está enmarcada no Plan director de convivencia e mellora da seguridade.


 

Noticias web

13/06/2019