Fin da rodaxe da webserie "Amelia e Alexandra, de Roma a Santiago" de Hasta la vista que se estreará no verán
"Roma, maio de 2021. Europa esperta despois da pandemia. Estou a piques de comezar a viaxe máis longa e importante da miña vida"É o inicio do relato que conta unha das súas protagonistas:" Eu son Amelia como Amelia Earhart que foi unha muller piloto e foi a primeira en cruzar soa o Atlántico en avión. Empecei esta viaxe en Roma e alí tiven un gran sorpresa.
Por desgraza as cousas nunca son como unha agarda. Esta mañá chamoume Alexandra, unha amiga do instituto para darme a gran noticia. Decidiu facer a viaxe comigo.
E así o relata a súa acompañante: "Eu son Alexandra, como Alexandra David-Néel que foi a primeira muller occidental en entrar no Tibet. Fixen esta viaxe na compaña da miña amiga Amelia e pasámolo moi ben, desde Roma ata Santiago.
"Hoxe chegamos ao último día da rodaxe no parque de Bonaval e que se vise a catedral e un pouquiño queremos contar a historia desta parella que fai o camiño na Europa pandémica para reencontrarse coa natureza e coa vida de novo despois do que se pasou." Di Alexandra Gómez, coordinadora do proxecto Hasta la vista.
"Nós o que apostamos é a unha historia humana que cremos que é interesante. Temos xa unha plataforma creada que é Hasta la vista, unha web de información sobre o Camiño coas respectivas redes sociais e esta serie insírese nese organismo que xa está en marcha e xa ten un certo pulo." Di o seu director Alexandre Cancelo.
"Vou dedicar esta viaxe ás mulleres viaxeiras da historia" conta o filme.