CRTVG

Buscar

Filman por primeira vez un oso pardo no Macizo Central Ourensán

Publicado o 01/05/2020 09:39

Aí está, facendo cousas de oso. Cousas de oso pardo. E semella que algo o interrompe. Pero non. Falsa alarma. Pode cheirar, descartar e seguir co seu.

Paseo nocturno. Calma. O oso pasa calmoso por riba da vexetación, que se venga. O arbusto pisado incorpórase de súpeto e asusta o oso pardo. Non dubida en fuxir da súa sombra.

Así de fuxidío é este animal. Talvez por iso ninguén o filmara nunca antes nesta comarca. Estamos no Macizo Central Ourensán. Isto é marzo. É o Parque Natural do Invernadeiro. Para vir aquí hai que pedir permiso, pero as sorpresas pagan a pena.

Sorpresas coma gravar este oso que se refrega no tronco, probablemente o primeiro oso que pasa por aquí en 150 anos. Gravárono as cámaras do cineasta compostelán Pela del Álamo. Cámaras de fototrampeo que ten ciscadas por varios puntos da zona dende hai dous anos. Son parte do traballo de elaboración da longametraxe Montaña ou morte, producida por Zeitun Films.

Queren amosarnos a fauna salvaxe do lugar, e atoparon este animal que non é habitual neste barrio. Crese que puido vir dende O Courel. Crese que pasou o inverno todo no Invernadeiro. Sábese que, despois de anos protexendo este espazo, conseguiuse crear un ambiente adecuado para que un oso pardo queira vivir aquí.

Un macho de entre 3 e 5 anos. Un exemplar dunha especie protexida dende hai medio século. Unha esperanza de futuro que pode volver a Galicia.

Noticias web

01/05/2020