CRTVG

Buscar

Filipe VI vai inaugurar o Congreso da Cultura Xacobea en Santiago

Publicado o 28/05/2021 16:39

O rei Filipe VI vai inaugurar a próxima semana o Congreso da Cultura Xacobea, que reunirá especialistas dos catro continentes Compostela.

Esta cita, que arrincará o vindeiro xoves no Pazo de Fonseca, busca difundir o Camiño de Santiago desde un punto de vista multicultural e interrelixioso. Ademais, segundo dixo o vicepresidente da Xunta durante a presentación, será o punto de partida dos meses fortes do Xacobeo.

Alfonso Rueda tamén anunciou este venres que durante o verán volverán os trens turísticos a Galicia. Farán once rutas achegándose a faros, mosteiros ou parques naturais.

Estarán operativos entre xuño e outubro, con saídas os sábados. E manteñen os prezos de 2019: 45 euros por adulto e ruta e 20 por neno.

Do mesmo xeito, asegurou que a mediados de xuño recuperaranse todos os trens Alvia de conexión con Madrid que había antes da pandemia.

 

Noticias web

28/05/2021