CRTVG

Buscar

O Rei loa o papel de Xoán Carlos I no fracaso do golpe do 23-F

Publicado o 23/02/2021 15:21

Como só se fai nas grandes ocasións, a Porta dos Leóns volveuse abrir para recibir a Filipe VI no Congreso. O acto do 40 aniversario do frustrado golpe de Estado celebrouse cunha asistencia reducida, e coa ausencia do rei emérito, Xoán Carlos I.
Filipe VI tívoo presente no seu discurso. Loou a figura do seu pai, e reinvindicou o seu papel no 23-F.

"O rei Xoán Carlos I asumiu, como xefe do Estado, a súa responsabilidade e o seu compromiso coa Constitución. A súa firmeza e a súa autoridade foron determinantes para a defensa e o triunfo da democracia. Esa noite, eu fun testemuña tamén, aínda neno, daquel episodio histórico e aprendín o inmenso e incalculable valor que ten a liberdade para o pobo español"

A presidenta do Congreso tamén gabou o papel do rei emérito, e defendeu a plenitude da democracia española.

Meritxell Batet. Presidenta do Congreso: "Un país moderno e plenamente democrático. Non hai democracia sen institucións. Non hai institucións sen política, nin política sen respecto e confianza"

Ao acto asistiron o presidente do Goberno e os catro vicepresidentes. Tamén o líder da oposición e os membros da Mesa do Congreso. Os representantes de Unidas Podemos estiveron presentes, pero non aplaudiron os discursos do Rei e da presidenta do Congreso.

Noticias web

23/02/2021