Filipe VI recibirá a Feijóo e a Urkullu o martes
Publicado o 11/09/2020 18:43

O rei recibirá o presidente da Xunta. A audiencia entre Filipe VI e Alberto Núñez Feijóo será o próximo martes ás 11 da mañá no Palacio da Zarzuela. A recepción é con motivo da reelección de Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. Pola mesma razón, o rei tamén recibirá o lehendakari o martes. Feijóo e Urkullu tomaron posesión o sábado pasado como presidentes tras ser investidos polos respectivos parlamentos.