CRTVG

Buscar

Filipe VI presidirá o acto conmemorativo do 23-F no Congreso

Publicado o 22/02/2021 17:11

O Congreso prepárase para conmemorar o 40 aniversario do golpe de estado frustrado do 23-F. Hai un acto institucional mañá ao mediodía presidido polo Rei. Segundo a presidenta do Congreso, servirá para celebrar a fortaleza das institucións e da Constitución do 78. Haberá ausencias. Non participarán Esquerra, Bildu, Junts, a CUP nin tampouco o BNG .

O BNG non vai participar mañá nos actos organizados polo Congreso. Din que non estarán porque o acto vai estar encabezado polo Rei, e din que teñen dúbidas do papel da monarquía no 23-F.

En vésperas dese 40 aniversario, o Rei recibiu en audiencia un dos pais da Constitución, Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón. Entregoulle a Filipe VI o seu último libro sobre dereito constitucional. Os dous volverán coincidir mañá no acto do Congreso, xa que os pais da actual Carta Magna figuran no reducido grupo de invitados.

Tamén no marco desta efeméride, o presidente do Goberno e a vicepresidenta primeira inauguraron esta tarde no Instituto Cervantes unhas xornadas sobre os retos da democracia. Carmen Calvo referiuse ao 23-F como un mal que acabou reafirmando as conviccións democráticas da sociedade española. Tomando aquela data como exemplo, a vicepresidenta chamou as novas xeracións a resistiren sempre que aparezan nubarróns contra as liberdades e a democracia.




 

Noticias web

22/02/2021