Filipe VI preside o Consello de Seguridade Nacional
Publicado o 04/03/2020 14:57

O Rei presidiu esta mañá o Consello de Seguridade Nacional, o primeiro co goberno de coalición. Filipe VI recibiu na Zarzuela os membros deste organismo, entre eles o presidente Pedro Sánchez e o vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, que se estrea nesta reunión. Tamén asistiron nove ministros, a directora do CNI e o xefe do Estado Maior da Defensa.
O Consello de Seguridade Nacional, creado en 2013, planifica e coordina a resposta ás situacións de crise e ás posibles ameazas para a seguridade do país.