CRTVG

Buscar

Filipe VI dá negativo na proba PCR, pero seguirá cumprindo a corentena

Publicado o 27/11/2020 18:29
Filipe VI dá negativo na proba PCR, pero seguirá cumprindo a corentena

Filipe VI deu negativo na proba PCR que se lle practicou este venres para detectar se tiña a covid-19, aínda que permanecerá en corentena preventiva de dez días que iniciou o pasado luns, informaron fontes da Casa Real.

O rei comezou o illamento despois de que o domingo tivera contacto próximo cunha persoa que deu positivo por coronavirus, polo que decidiu suspender a súa axenda de actos oficiais por precaución. 

Noticias web

27/11/2020