CRTVG

Buscar

Festas gastronómicas, etnográficas e culturais para esta fin de semana da Pascua

Publicado o 19/04/2019 20:40

Fin de semana de celebracións por toda Galicia. Aínda este venres en Muxía andan coa festa do congro; en Ares coa do ourizo de mar, e no Cebreiro coa do queixo. É tempo dalgúns dos primeiros festexos fortes da primavera, que coinciden cos actos da Pascua.

A Pascua, por longa e por sona, celébrana especialmente en Padrón. Tres semanas de festexos cuxas xornadas fortes caen precisamente esta fin de semana.
Bombas de palenque, animación de rúa, música e baile... E este sábado inaugurarán a Feira con Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial e desputarán a carreira popular. Depotivamente chegará a Padrón para o pregón, o sábado á noitiña, o actor e humorista Touriñán. O domingo, cita coa Feira Cabalar.
Xa o luns, será festivo local.

Coma en Fisterra, onde esta fin de semana viven as súas Festas de Interese Túrístico do Santo Cristo.

Non só relixosas tamén son as celebracións desta fin de semana en Meis, onde honran a Virxe das Cabezas en Armenteira.

A San Telmo honrarán, en Tui, amais de relixosamente, con moito deporte, teatro, música e baile.

Ao medievo viaxan esta fin de semana, e no seu décimo sétimo aniversario, en Monforte. A localidade celebra a súa Feira Medieval.

E dúas festas de interese turístico de Galicia nas que cataremos os mellores queixos. A Festa do Requeixo e do Mel chega, esta fin de semana, á súa edición número 28 nas Neves. E á edición 33 chegan en Pedrafita coa Festa do Queixo do Cebreiro, de denominación de orixe protexida.

 

Noticias web

19/04/2019