CRTVG

Buscar

Festa no recibimento de Susana Rodríguez Gacio, ouro e diploma paralímpico en Tokyo

Publicado o 01/09/2021 19:03

Familiares e amigos recibiron en Peinador a Susana Rodriguez Gacio, ouro e diploma nos Xogos de Tokyo. Despois de reinar no tríatlon paralímpico no ámbito mundial con enorme autoridade durante os últimos anos, a viguesa sumou o soñado triunfo nos Xogos Paralímpicos. O ouro chegou tras un recital que a levou a dominar a proba desde o primeiro segmento; a partir de aí, foi aumentando a vantaxe coas súas perseguidoras ata o tramo de carreira a pé en que as arrasou por completo. Nos 1.500 logrou un meritorio diploma logo de quedar quinta tras unha carreira en que o deu todo.

 

Noticias web

01/09/2021