CRTVG

Buscar

Festa multitudinaria en Grecia xuntou máis de tres mil estudantes

Publicado o 07/06/2021 08:55
Festa multitudinaria en Grecia xuntou máis de tres mil estudantes

Na segunda cidade de Grecia, Tesalónica, xuntáronse nunha festa unhas tres mil persoas, a maoiría estudantes, que cantaron e bailaron ao carón da Facultade de Filosofía. Coincidiu cunha relaxación das medidas anticovid−19, que os mozos levaron máis aló do permitido. De feito, en Grecia aos bares aínda se lles pohibe ter música, pero eses mozos estivérona poñendo nunha praza. Moitos dos asistentes estaban sen máscaras. O Goberno xa dixo que tomará medidas para que non se repita. Tesalónica xa foi o ano pasado unha cidade que destacou en Grecia pola súa rebeldía contra as restricións.

Noticias web

07/06/2021