CRTVG

Buscar

Festa ilegal nun piso alugado por médicos en Vigo con oito persoas identificadas

Publicado o 10/04/2021 21:45

A Policía indentificou en Vigo oito persoas que participaban dunha festa nun piso alugado no centro da cidade a varios médicos do Álvaro Cunqueiro.

Os participantes negáronse a abrirlles a porta aos axentes, que agardaron ata pasadas as sete da mañá no exterior do inmoble para poder identificalos. A propietaria do piso informou a Policía que llelo alugara a un traumatólogo e a un psiquiatra do hospital vigués.

Ata oito persoas foron identificadas compartindo un espazo interior sen ser conviventes. A norma permite dende este sábado reunións en domicilios particulares de só catro. Os axentes foron avisados polos veciños alertados polo ruído.

Noticias web

10/04/2021