Festa da primavera en Lugo como antesala do Arde Lucus
Publicado o 30/03/2019 20:42
Nada mellor para conmemorar a chegada da primavera que unha xornada lúdica inspirada nos antigos poboadores . Os xogos tradicionais toman as rúas do Lugo facendo as delicias de nenos e maiores.
Son un adianto do que se poderá ver na vindeira festa do Arde Lucus, a mediados de xuño. Cinco agrupacións que representan os clans castrexos organizan esta festa que culmina cun desfile polo centro e que inclúe tamén unha voda polo rito celta.
É unha oportunidade de entretemento que non entende de idades, que atrae por igual novos e maiores.
A primavera, en pleno século XXI, segue sendo motivo de celebración.