CRTVG

Buscar

Ferrolterra demanda solucións industriais e carga de traballo

Publicado o 27/06/2021 14:36

Foron dúas marchas simultáneas. Unha saíu desde Ferrol e a outra desde Fene. Os sindicatos volveron enviar unha mensaxe de socorro. Falan de cifras desoladoras nas comarcas de Ferrolterra, do Eume e de Ortegal, cunha caída continua do emprego e cunha taxa de pobreza que medra por riba da media galega. "Pechamos Somozas, As pontes está agonizado. Queremos que as administración deixen de guerrear entre elas porque todos estamos implicados", di José Hurtado, secretario comarcal da CIG. "Ferrolterra está unida na procura de carga de traballo", engade desde UXT José Antonio Díaz.

Denuncian desidia política e institucional e censuran que as administracións non poñan solucións sobre a mesa. "É tal o desleixo que a estas alturas non foron quen de crear unha mesa para falar do presente e do futuro destas comarcas", denuncia Manel Grandal, secretario comarcal da CIG.

Advirten de que camiñan cara a unha desertización industrial irreversible. As manifestacións contaron co apoio de varios alcaldes das tres comarcas. As dúas marchas fundíronse sobre a ría de Ferrol no medio da ponte das Pías.

Noticias web

27/06/2021