CRTVG

Buscar

Ferrol terá un albergue público para peregrinos

Publicado o 03/03/2021 15:20

Ferrol contará cun albergue público para peregrinos. Esta mañá presentábase o proxecto na Casa do Mar, onde se situará o establecemento. A Xunta investirá 250.000 euros e agarda poder inauguralo a finais deste ano.

O vicepresidente da Xunta destacou ademais outras iniciativas que o Goberno autonómico leva a cabo para promocionar o Camiño de Santiago como unha opción turística segur, como o seguro covid, que estará licitado nun par de semanas.

Alfonso Rueda destacou que a nosa "é a primeira comunidade autónoma que o vai facer e vai ser un elemento engadido para darlle seguridade á xente que veña aquí". Tamén apuntou que se están rematando o plan de formación dos albergueiros e da xente que traballa arredor do camiño de Santiago.

 

Noticias web

03/03/2021