CRTVG

Buscar

Ferrol recupera a esencia da súa Semana Santa

Publicado o 29/03/2021 15:24

Comezan os actos de conmemoración da Paixón de Cristo e as cinco confrarías de Ferrol ultiman os preparativos.

Desde hoxe e ata o Domingo de Resurrección, os fieis poderán visitar en carpas coma esta instalada na praza de Amboaxe os tronos e mais as imaxes que terían que saír nas procesións de cada día.

Un plan alternativo que xa impacienta algún devoto. Días de actos litúrxicos, pero tamén de lecer en que os hostaleiros teñen posta toda a súa esperenza.

En canto á ocupación hoteleira, as cancelacións por mor do peche perimetral que temos en Galicia fixeron que caeran do trinta por cento. Con todo, o sector confía nas reservas de última hora dos turistas galegos.

Noticias web

29/03/2021