CRTVG

Buscar

Ferrol acolle estes días a segunda edición do festival Porta Máxica

Publicado o 03/01/2019 22:00

Xaneiro comeza cargado de ilusión e non só polos Magos de Oriente. Ferrol acolle estes días a segunda edición do festival Porta Máxica, unha cita co espectáculo do ilusionismo. O epicentro de todo isto é o Teatro Jofre, onde mañá venres se celebrarán dúas grandes galas.

Desvelar os trucos do mago Álex Louzao non é tarefa doada. Este galego é un dos participantes nunha das grandes galas de maxia do Teatro Jofre de Ferrol que estes días converte a cidade en capital do ilusionismo.

Por segundo ano o Festival Porta Máxica, organizado polo Concello de Ferrol, trae ata cidade naval a magos e ilusionistas de Francia, Cataluña, Andalucía e, por suposto, Galicia.

Amais da gala no Jofre, este venres o festival levará a maxia ata o Complexo hospitalario de Ferrol e a residencia de maiores de Caranza con senllos espectáculos solidarios.







 

Noticias web

03/01/2019