Fernando Vidal rebaixa a euforia: "Estamos só a dous puntos do descenso"
Publicado o 03/02/2020 21:19
• Está satisfeito coas fichaxes e afirma que a ampliación de capital será ambiciosa
O Deportivo está a protagonizar unha remonta incríble tras encadear seis vitorias consecutivas. Esta tarde estivemos co presidente, que participaba nun acto en Vimianzo, xunto co adestrador e Albert Gil.
Fernando Vidal recoñece que o sorprendeu o bo momento do equipo, pero cre que non se debe perder a perspectiva.