CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez regresa ao Deportivo

Publicado o 27/12/2019 21:13

O Deportivo confirma a destitución de Luis César

Fernando Vázquez vai estar mañá dirixindo o primeiro adestramento do Dépor despois da parada de Nadal. Vai ser a súa segunda etapa no Deportivo. Hai 5 anos conseguira o ascenso á Primeira cun terzo de xogadores do Fabril. Vázquez chama á porta coa filosofía do "si se pode".

Hai imaxes que describir mellor un momento ca centos de palabras. Como hai cinco anos Fernando Vidal aférrase a Fernando Vázquez para unha nova milagre. A primeira foi a dun ascenso imprevisto. Esta, a dunha heroica permanencia. Aquela relación non rematou ben. Unhas palabras que non gustaron puxeron fin ao idilio. Pero o tempo cura moitas feridas.

O Deportivo volve poñerse nas mans do adestrador que mellor conectou coa bancada nos últimos anos. A nova empresa que acomete ten moitas semellanzas coa primeira. No 2013, antes do último ascenso, Vázquez asumíu o desafío de salvar un Deportivo que era cabeiro, a seis puntos da permanencia. Agora está a sete. Daquela estivo a piques de conseguilo. Desta volta o seu berro de guerra volverá ser a bandeira que enganche ao deportivismo...

 

Noticias web

27/12/2019