Fernando Vázquez quere ver un Deportivo con máis chispa
Fernando Vázquez quere ver engalar o Deportivo, nota unha falta de ritmo no seu equipo.
Fernando Vázquez, adestrador R. C. Deportivo "Ao equipo estalle custando levantar o voo, levantar as alas, rodar polo campo con máis fluidez. Como se fósemos aínda algo pesados, que estivésemos aínda nunha marcha monótona e que nos faltase chispa"
Esa chispa espera sacala no duelo ante o Rácing de Ferrol, un rival directo
Fernando Vázquez, adestrador R. C. Deportivo "Eu creo que é un equipo forte, un equipo con posibilidades e con individualidades importantes e que non vai ser doado para nós"
Bota de menos, o de Castrofeito, a afección en Riazor
Fernando Vázquez, adestrador R. C. Deportivo "O primeiro partido con mil eu sentíame totalmente empoderado e creo que o equipo logrou a vitoria por iso, foi unha sensación que me gustaría ter todos os domingos e especialmente neste que un derbi entre Deportivo e Rácing, Riazor cheo sería espectacular"
Non poderá ser, pero si que o poderán ver pola nosa segunda canle. Un derbi que non se disputaba en Segunda B desde hai corenta anos.