Fernando Vázquez: "A salvación é posible, por imposible que pareza"
Publicado o 30/12/2019 16:26
Comeza a segunda etapa Vázquez no Dépor, cunha dobre misión. A primeira e prioritaria, tentar asinar unha segunda volta de fábula que permita salvar a categoría. Se o equipo descende, Vázquez seguirá no banco. A outra, recuperar a comuñón entre xogadores e afección para que o reto da permanencia sexa menos complicado.
Despois de case unha hora de charla no vestiario cos futbolistas, puidemos ver un Fernando Vázquez moi activo, insistente nas explicacións. Debutará o domingo nos Pajaritos. Vázquez ten claro que para acadar a permanencia, a afección debe dar un paso á fronte.